O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
martes, 17 de marzo de 2009
Derrota do Ames cun resultado enganoso favorable á Luaña (1-5)
O Ames deixou escapar unha boa oportunidade para asentarse na novena praza tras caer goleado no Castro ante a Luaña, un rival que sen face demasiados méritos, estivo acertadísimo no remate levándose un premio excesivo. E é que o encontro comezou cun dominio abrumador do Ames, con ocasións de sobra para colocarse nos primeiros vinte minutos cun dous ou tres a cero ao seu favor. Neste tempo, Miki e Diego enviaron sendas faltas directas ao longueiro, Diego rematou de cabeza preto do longueiro, Juansiño entrou un par de veces desde a esquerda e os seus disparos cruzados fóronse rozando o pao ou acabaron en córner. Ademais, Diego foi derrubado na área por dous contrarios cando se dispoñía a cabecear unha falta lateral colgada por Miki. Moncho intentouno cun par de boleas desde a frontal que foron rexeitadas polo porteiro visitante. E mediada a primeira parte chegaron as dúas accións que mermaron a moral do Ames. A Luaña fixo gol na primeira chegada con certo perigo, unha falta colgada desde a banda, remataron a bocajarro, Fuentes rexeitou e o propio rematador fixo gol. Dous minutos despois, case sen tempo a lanzarse polo empate, chegou o cero a dous. Un rexeite nun córner foi boleado por un mediocampista visitante, facendo o segundo. De repente, o Ames pasou de ter dominado o partido de cabo a rabo a ir perdendo por dous goles, algo difícil de dixerir. E tanto, o resto dos minutos o Ames intentouno pero sen a claridade de ideas dos primeiros vinte minutos, e a Luaña fixo o terceiro xusto antes do descanso nun remate de cabeza do seu home máis alto. Na reanudación, o Ames saíu con ánimo de reducir distancias e meterse no partido. Puido face-lo nos minutos iniciais da segunda parte, con varias chegadas de Juansiño e Llello que sen embargo non acababan de concretarse en ocasións claras. A Luaña rematou o encontro co cuarto gol no primeiro tercio da segunda parte, unha chilena dun dos seus atacantes, desas que saen unha vez na vida. Coa Luaña de dulce, o Ames foise diluíndo impotente, e os minutos foron pasando. O quinto gol chegou nunha contra mentres o Ames buscaba maquillar o resultado. O golda honra foi logrado por Diego tras anotar un penalti cometido sobre Juansiño. O Ames acabou pagando o desacerto dos primeiros minutos e acabou goleado. En fin, a seguir traballando!!!
Hey meus, hai que animarse que o do outro día foi accidental, tiveron moitísima sorte no remate, toda a que nos faltou a nós nese primeiros vinte minutos nos que lles demos un auténtico baño, esa é a liña que temos que seguir nos vindeiros partidos, coa Sionlla e o Vila de Ordes, eu penso que podemos sacar dúas victorias na casa e resarcirnos desta derrota. Vémonos hoxe!!
ResponderEliminar