O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
domingo, 15 de febrero de 2009
O Ames volve a victoria cun hat-trick de Llello en San Marcos (1-3)
Despois de sete partidos sen coñecer a victoria, o Ames desfíxose con relativa comodidade do último clasificado, o San Marcos B, nun encontro no que Llello foi o protagonista con tres goles na primeira media hora de xogo. Os primeiros minutos foron de tanteo, pero pronto o Ames ía adiantarse no marcador. Tras unha boa combinación no medio, Nito habilitou a Llello cun bo pase, e este amagou o tiro ao pao longo pero colocouna polo primeiro. A partir de ahí, o Ames fíxose dono e señor do partido, con boas xogadas combinativas, entrando ben polas bandas, e con Nito facendo dano entre liñas. O segundo gol chegou tras unha gran xogada de toque colectiva, sacando o balón desde atrás. O esférico chegou a Juansiño na banda esquerda, este tocou a Nito que de primeiras deixouna de cara a Chete, o cal meteu un pase interior a Adrián. Este viu a entrada de Llello desde o segundo pao e puxo un bo centro co exterior do pé, e Llello controlou e rematou a gol tras un cambio de ritmo. Co dous a cero e o rival tocado, o Ames seguiu na mesma dinámica e redondeou o marcador nunha xogada parecida á do anterior tanto. Chete controlou preto da área e facendo o amago de abrir á dereita cara Adrián, habilitou a Llello no lado contrario. O ariete controlou co peito e enfilou portería batendo ó gardamallas local. Chegado este punto, o Ames viu como suficiente o marcador e botouse a durmir. Tanto que o San Marcos B reduciu distancias. Un balón á espalda de Pi deixou só ao atacante local, que bateu de vaselina a Juan na súa saída. O segundo tempo pouca historia tivo, cun campo pesado e un rival que non puxo apretos nin tiña suficientes argumentos para face-lo. Os minutos foron transcorrendo e o Ames levouse os tres puntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario