O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
martes, 28 de octubre de 2008
Os internautas andan desorientados na última enquisa (é brona!!!)
A última enquisa sobre os equipos que se ían distanciar dos demais na cabeza, con 14 votos, foi das máis igualadas. Con tres votos houbo empate entre as opcións: "Só o Brión", "Ningún, todos igualados" e "Brión e Trazo" (21% cada un). Con dous votos quedaron as opcións: "Brión, Trazo, Calo B e Deixebre" e "Brión, Trazo, Ortoño e Deixebre" (14% cada unha), e cun só voto a opción "Brión, Dubra B, Calo B e Trazo". Parece que ninguén acertou, xa que Brión e Dubra B comandan a liga en solitario, polo de agora. Votade na vindeira enquisa!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario