O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
martes, 14 de octubre de 2008
O mellor de xogar no Ames é conversar cos compañeiros
Así o decidiron os 18 votos rexistrados na última enquisa proposta desde este blog, dos cais 6 escolleron esta opción (un 33% dos votos). Detrás quedaron as opcións "os días de partido" (5 votos, o 27%) e "falar coa afición" (con 3 votos, e un 16%), e escoita a Víctor (2 votos, o 11%). Nas últimas prazas quedaron adestrar (VAGOS!!) e as ceas de equipo (1 só voto). En breve estará a nova enquisa. Ata a noite!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario