O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
miércoles, 3 de septiembre de 2008
Os votos da última enquisa dan ao Ames entre os 5 primeiros da liga
Bastante optimismo se desprende desta última enquisa, xa que a opción máis votada, con 10 dos 25 votos rexistrados, sinala que o Ames quedará entre os 5 primeiros clasificados da liga. Pola contra, a seguinte opción na lista foi "entre os postos 15 e 17", con 6 votos. Detrás veñen "entre os postos 11 e 14", con 5 votos, "en postos de ascenso" con 3 votos, e "entre o 5º e o 10º" cun só voto. Sen votos quedou a opción "noveno posto". A ver que vos parece a seguinte enquisa. A votar que é divertida!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario