O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
viernes, 12 de septiembre de 2008
O tándem Miki - Ronaldinho gaña os parecidos razonables do Ames
Despois dos 12 votos rexistrados na enquisa de parecidos razonables entre os xogadores do Ames e algúns profesionais, Miki e Ronaldinho (Milán) quedaron en primeira posición con 5 votos (41%). Detrás quedaron empatados Fran e Sergio (Deportivo), Diego e Pepe (R. Madrid), e Juan Pose e Van Persie (Arsenal), con 2 votos cada un (16% cada opción), e en último lugar Roi e Bojan (Barcelona), cun único punto (8%). Xa podedes votar na vindeira enquisa, e de paso lémbrovos os horarios dos partidos desta fin de semana: os xuvenís xogan no campo novo de Brión ás 19:00 horas co Bastavales (amigable), e os modestos recibimos en Covas ao Rial ás 17:00 horas, na segunda xornada de liga. Ala, ata a noitiña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario