O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
martes, 23 de septiembre de 2008
Derrota pola mínima en Dubra nun partido trabado (1-0)
O Ames non puido saír de Dubra cun punto nun encontro no que o 0-0 debeu ser o resultado final. Foi un partido típico co Dubra, deses no que nos contaxiamos do mal xogo rival, e deses no que os balonazos longos do porteiro local non deixaban saír á defensa. Pese a todo, o Ames planteou un partido serio e correoso, sen alardes, facendo o xusto para sacar cando menos un empate. As chegadas do Dubra producíanse neses balonazos en longo aos dianteiros, e as do Ames nalgunha que outra contra sen demasiado perigo. Do primeiro tempo podemos destacar un disparo do Dubra B ao longueiro, aínda que máis que disparo, foi un rexeite. Dani detivo o tiro do atacante local, e o rexeite, tras botar saíu repelido polo longueiro, sen máis perigo. Por parte do Ames, Roi intentouno desde fóra da área pero o seu remate saíu desviado. A mellor ocasión do partido tamén a tivo Roi, que cabeceou un centro de Diego, pero o remate foi ás mans do porteiro. Na segunda metade, máis do mesmo, aínda que o Ames mellorou un pouco o seu xogo. Pero este pronto se volveu diluír, en parte polo estilo de xogo dos locais, que evitan que o balón pase polo mediocampo. E nunha desas, chegou o único tanto do partido. Unha contra na que non se puido derribar ao mediocampista que conducía o esférico, este abriuno á dereita, e o lateral, incorporado ao ataque, lanzou un disparo raso e cruzado. Dani rexeitou o esférico, pero un atacante local chegou desde atrás empuxando o balón ao fondo das mallas. Demasiado premio para o exposto por ambos conxuntos. Iso si, haberá que seguir mellorando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario