O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
martes, 29 de abril de 2008
O Ames remata a liga como rei do empate
O Ames non puido acabar a tempada cunha victoria na casa fronte ao Dubra B, que conseguiu o mesmo resultado que no partido de ida, 2-2. O Ames comezou mellor, e pronto se adiantou por mediación de Llello, que empata no pichichi con Diego, ambos con 8 goles. O seu disparo raso cruzado bateu ao porteiro visitante. Pero o Ames non acababa de atoparse cómodo, sobre todo en defensa, coa liña un pouco separada do mediocampo, espazo que aproveitou o Dubra B para facer dano en varios balóns longos. En dous deles chegaron os dous goles visitantes, nunha xogada típica deste equipo. Balón largo á espalda da defensa, dianteiro cativo e rápido que se leva o balón despois do bote, e remate a gol ante a saída do porteiro. 1-2 á media hora, e minutosa de mal xogo para os locais. Na segunda metade, o Ames saíu tocando moito mellor, e chegaron dez minutos de moi bo fútbol do Ames e con bastante ocasións para empatar e incluso levarse o partido. O 2-2 chegou nunha falta desde o lado dereito que Llello dirixiu moi ben á cabeza de Benito, no que supuxo o segundo gol do señor Vieito na liga. A partir de ahí, o Ames intentouno con entradas de Juansiño desde o lado esquerdo e algunha falta de Nito, así como un par de córners sen éxito. Remata unha boa tempada en liga, na que acabamos novenos con 25 puntos, tras 5 victorias, 10 empates e 9 derrotas. Agora a preparar a Copa de Ames.
No hay comentarios:
Publicar un comentario