O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
viernes, 25 de abril de 2008
Horarios desta fin de semana
O equipo de modestos non é o único que competirá esta fin de semana tralo remate das ligas de xuvenís e infantís. Porque, ademais do derradeiro encontro de liga para os máis grandes (domingo, ás 17:00 horas en Cobas contra o Dubra B), os infantís teñen torneo o sábado pola tarde no Campo Municipal de Bertamiráns. Será un triangular de Fútbol-7 contra o Bertamiráns e o Milladoiro, comezando ás 16:00 horas, en partidos de 40 minutos. A ver que tal lles vai, achegádevos a anima-los!!
Quero aproveitar este espacio pa chivarme de k fran,a pesar da advertencia de diego,sigue escribindo no outro foro...no das fotos..eu non é por meter cizaña eh..coidao..pe0 fran ta xogando con lume...jajajajaja
ResponderEliminar