O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
martes, 4 de marzo de 2008
Xa podedes ver as fotos do Ames
Como podedes ver, no lado dereito do blog colguei unha presentación de fotos dos partidos co Costoia e coa Luaña. Se queredes ver as fotos máis grandes, clickades en calquera delas e ábrese unha pestaña nova que vos leva a unha presentación máis espectacular!! De todas formas se non tedes tanto tempo, se lle dades ao signo máis (+), a transición entre as fotos vai máis rápida!!! Tamén podedes ver os magníficos comentarios que acompañan a cada imaxe poñendo o rato enriba dela. Ala, o seguinte serán vídeos do ano pasado, pero con tempo que o das fotos deume bastante choio ata que lle pillei o truco!!! Veña, seguide así que o blog estáse animando!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario