O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
martes, 29 de enero de 2008
O marcador final non reflectiu o ocorrido no campo
O Ames caeu derrotado este domingo en Covas ante o Trazo, nun encontro que rematou con un gol a tres para os visitantes. O partido foi desputado por ambos bandos, con máis corazón que acerto, e a derrota do Ames foi máis abultada do que o xogo facía entrever. Foi un deses partidos que deberían acabar en empate ou cunha victoria pola mínima. O Trazo xogou mellor no primeiro tempo, pero non tanto como para ir ó descanso con dous goles de diferencia. Na reanudación, o Ames intentouno, e cando se estaba empezando a sentir cómodo e a chegar con maior facilidade á área rival, encaixou o terceiro gol. Tardou o equipo local uns dez minutos en repoñerse do mazazo, e con empuxe provocou varias situacións que ben poderían ter acabado en gol. Unha delas foi un intento de disparo de Chete, truncado na área por un rival, sen que o árbitro advertise penalti. Tamén Diego se lanzou nun rexeite do porteiro en dúas ocasións sen conseguir empuxar o balón dentro da portería. Nun deses barullos chegou o gol de Benito, pero foi demasiado tarde para poder remontar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario