O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
martes, 22 de enero de 2008
O Ames tira o derbi ante o Costoia no primeiro tempo
Un horrible primeiro tempo do Ames privoulle de prolongar a boa racha de resultados ante o Costoia no municipal de Bertamiráns. O tres a cero co que se foi ao descanso tirou pola borda as ilusións do Ames de alcanzar ao Calo B na clasificación. O xogo combinativo do Costoia e a distancia entre liñas do Ames foron determinantes nos primeiros corenta e cinco minutos. No segundo tempo, cun par de cambios que axustaron o mediocampo do Ames, os visitantes melloraron e a reacción chegou co gol de falta de Diego. Os dez minutos saeguintes ao gol foron do Ames, pero os paos e a falta de acerto condenaron ao equipo. O cuarto gol do Costoia chegou á contra mediado o segunto tempo e o encontro non tivo máis historia. O Ames segue noveno a catro puntos do Calo B.
No hay comentarios:
Publicar un comentario