O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
martes, 22 de enero de 2008
O Ames araña un punto en Dubra nos últimos minutos
O marcador final de empate a dous goles e o agónico gol de Coleguín na recta final do encontro ante o Dubra B (2-2) fai pensar que o Ames xogou un mal partido e que foi a remolque durante os noventa minutos. Pero non foi así, o Ames mereceu máis e levou a iniciativa en boa parte do encontro. de feito adiantouse ós vinte minutos cunha fermosa xogada entre Miki e Llello. Pero o parón pola lesión do porteiro Fuentes, que finalmente puido continuar, enfriou o partido e o dominio do Ames tornouse en sufrimento. Chegou o empate a finais do primeiro tempo, e na reanudación o Ames parecía adormilado. Pouco a pouco e con algún que outro cambio, o Ames encontrou o seu sitio de novo e comezou a controlar o partido cun xogo alegre de moitos toques e apoios. O gol non daba chegado, e nunha contra, o Dubra B aproveitou un fallo de Diego no despexe para anotar o dous a un a falta de cinco minutos. O encontro estaba pechado. Evitouno Coleguín rematando no segundo pao unha das últimas embestidas desesperadas do Ames nunha falta moi ben botada por Miki desde a banda dereita. Empate que sabe a derrota. O domingo, derbi ante o Costoia no Campo Municipal de Bertamiráns ás 11:30 horas. A ver que pasa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario