O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
domingo, 21 de noviembre de 2010
Excesivo premio para o Agrón na súa visita a Ames (1-5)
O Ames caeu derrotado en Castiñeiro ante o Agrón, un dos favoritos ao ascenso, que comparte liderato co Vila de Ordes. Con todo, o conxunto visitante, que foi superior ao Ames, levouse demasiado premio en forma de goles, rentabilizando ao máximo os erros dos locais. Na primeira metade, o Agrón anotou os seus tres primeiros tantos en accións a balón parado. O Ames puxo o xogo, e o Agrón, os goles. Erros de marca derivaron nunha goleada excesiva para os de Balboa, que na segunda parte reduciron distancias cun gol de Fran de penalti, despois de que o Agrón anotase o cuarto. A puntilla chegou pouco despois, deixando ao Ames na novena praza con 6 puntos. A vindeira semana, o conxunto de Balboa vai a Rial, un rival directo. ¡¡Ánimo rapaces, a traballar duro!!
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarNon podemos queixanos, tamén levamos 'premio excesivo' no empate de Trazo. O que debemos mellorar, moitísimo, é a falla de concentración nos primeiros minutos de encontro (iso de 'saír enchufados') e non perder a tensión en moitos momentos do partido (o que nos repite Miki tres mil veces, 'non baixar os brazos'). Onte encaixamos 3 goles nacidos dun saque de banda no noso campo e ó noso favor... (incomprensible), un case por un saque rápido de falta a medio metro da área grande... e dúcias de malos controles e indecisións entre nos mesmos por non ter a cabeza no partido. Mellorando estes pequenos detalles daríase un paso de xigante e faríanos más competitivos.
ResponderEliminarQuédome cos últimos 20 minutos de onte, cando con 5 no lombo nos decidimos a xogar, ainda que se fallase un pase, ainda que se arriscase un chisco. Ese é o camiño, pero dende o minuto 1 ó 90 e pico.
Forza Ames!
estou dacordo con jorge, pero teño que decir que o equipo dou unha boa impresion, tuvemos fallos a nivel individual pero en xeral o equipo o grupo dou boa imaxe, fallos temolos todos o que pasa e que a nos nos saen demasiado caros, solo qi que tratar de reducir esos detalles e ter un pouco mais de sorte de cara a gol
ResponderEliminar