O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
jueves, 10 de diciembre de 2009
Un golazo de Fran na Luaña permítelle ao Ames romper a mala racha de resultados
Por fin!! Tivo que ser o pichichi deste ano no Ames, Fran, o que salvase un puntiño para os visitantes no encontro deste martes ante a Luaña. E iso que os amienses lograron romper non só a mala racha de resultados, senón tamén a horrible xeira de inicios de partidos. Por primeira vez nuns cantos partidos o Ames chegou ao minuto 25 sen encaixar un gol. Non saían as cousas pero defendíase con xeito. A Luaña tampouco inquietaba moito, tan só en balonazos illados, aínda que adiante ao Ames costáballe combinar e chegar con perigo. Tan só un disparo lonxano de Peli, un cabezazo moi desviado de Paco e un pase de Nito a Peli que este non acertou a rematar. Polo conxunto local tan só un par de internadas por banda, finalizando unha delas cun remate que bateu no lateral da portería defendida por Juan. Pese a todo, á media hora acabaríase adiantando a Luaña, cunha gran parede entre David e Blanco, que finalizou o escurridizo extremo local cun disparo raso e cruzado que bateu a Juan. Así se chegaría ao descanso, no medio dunha peculiar arbitraxe do trencilla Don Rafael Vicente, en fin... Na reanudación o Ames tratou de adiantar liñas, subiu Miki á mediapunta, Fran situouse no medio e Diego entrou no centro da defensa. Pouco a pouco o equipo foi chegando arriba, coa Luaña encerrada atrás saíndo á contra con balonazos en longo sobre todo do seu porteiro. O Ames crearía perigo cun par de córners e con algunha internada de Nito e Roi que non acababan de xenerar oportunidades claras. O gol do empate chegaría nunha xenial bolea de Fran desde tres cuartos de campo. Tras controlar co peito en pleno xiro, golpeou o esférico con moita potencia e este saíu disparado cara á meta nunha "folha seca" que se colou pola escuadra da meta local. Co empate, o Ames aínda tería tempo para un par de ocasións, a máis perigosa un lanzamento de falta de Diego que se foi cerrando e estivo a piques de sorprender ao porteiro da Luaña. Tamén os locais puideron levarse o partido, primeiro nun barullo na área que acabou despexando Iván na liña de gol, e logo nun triple remate nun córner que entre Chete, Nito e Juan acertaron a despexar. Ao final, empate xusto que permite ao Ames truncar a súa mala racha de resultados. O domingo, a recibir ao Tordoia!!
foi unh pena que solo empataramos, pero bueno, e o que ai polo menos o gol serviu pa sumar...
ResponderEliminarcreo que e o mellor gol que marquei desde que xogo.
por certo diego foches moi blando co arbitro, a min pareceme vergonzoso ese tipo, da pena velo polo campo...
moloume a frase que lle dixeches no partido, a de "arbitro, que ben sabes quen che da o chupito despois".
moi boa tio jejejeje!!!
e que me pon enfermizo este tipo!! pero bueno, en frío e en termos xornalísticos cortome máis jejejeje, a verdade é que foi un auténtico golazo, dos mellores que vin nun campo de fútbol, pichichi!!!!
ResponderEliminarE eu que estaba facendo un desmarque guapo, visto o meu partido que ben fixeches en tirar jeje.
ResponderEliminarVas ter que quedar suplente máis veces a ver se é que eres como Solari que resolvía os partidos cando saía de suplente jajaja
GOLAZO Fran, 3 goles de central e 1 de medio, cando xogues dianteiro quen che verá xD
gracias adri!!! a verdad e que non vin o desmarque solo pensaba en enganchala ben, jeje!!
ResponderEliminarpois o dia que xogue de dianteiro seguro que non marco tantos goles, digocho por experiencia, e o de quedar suplente ummmm, pois case que no... jejeje, veña ata a noite
Fran pichichi?!moi mal se deben tar dando as cousas..jajajaj osea que este ano empatachedes gracias a el..tendo en conta que o ano pasao perdemos por culpa del por no deixarlle un rekadiño o dianteiro..ainda debe 2 puntos...ajjaja eña xente, eivos de facer unha visita dentro de unha semaniña, a coidarse.
ResponderEliminarque cabron o llello, sabemos pouco del pero cando aparece e pa urgar nas vellas feridas, e algo cabroncete...
ResponderEliminarveña tio kando estes por aqui xa nos vemos pa tomar algo