O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
lunes, 12 de octubre de 2009
Derrota contundente do Ames fronte ao Costoia na segunda xornada ligueira (6-0)
O Ames sufriu un duro revés na súa visita ao Municipal de Bertamiráns para enfrontarse ao Costoia no segundo encontro de liga. O partido xa tivo un inicio un tanto extraño, non só polas moitas baixas do Ames, senón tamén pola actitude un tanto chulesca do árbitro, que requiriu o inicio do partido ás 4 cando estaba previsto para as 4 e media por orde federativa. Así se reflicte nos últimos acordos enviados aos clubes pola Delegación de Santiago da Fegafut: "o Club Costoia xogará como local no Campo Municipal de Bertamiráns en horario de calendario", que neste mes é ás 16:30 horas. En fin, unha cafrada máis dun colexiado que fixo quentar apurados aos equipos e empezar o partido a toda presa. Xa no campo, o Ames recibiu pronto o primeiro gol, tras unha internada desde a esquerda que rematou nun centro rematado a gol por un atacante local. O Ames puido empatar tras unha falta colgada por Nito que Fran cabeceou ao longueiro, sen que ninguén acertase a empuxar a gol o rexeite. Pouco despois o Ames iríase do partido ao encaixar dous goles case consecutivos. Primeiro tras unha indecisión na zaga visitante, e logo tras un tiro lonxano. O Costoia anotaría o cuarto gol antes do descanso tras un centro desde a esquerda que finalizou nun remate a gol. O quinto puido chegar antes do descanso, pero o colexiado anulou un gol de falta dos locais ao entender que era un lanzamento indirecto, e a pesar de que Juan tocou o balón antes de que entrase na portería. Na reanudación, o Ames cambiou algo a cara e tivo máis chegadas arriba, deixando menos ocos para o Costoia. O encontro endureceuse e Juansiño foi expulsado tras protestar unha decisión arbitral. Co encontro roto e o Ames desquiciado pola lamentable actuación arbitral (que para nada xustifica o resultado), os visitantes puideron reducir distancias tras sendos saques de falta de Adrián que Paco rematou sen demasiado perigo. Nito puido marcar nunha xogada na que quedou só tras recibir o balón dun contrario, pero o colexiado anulouna. O Costoia remataría o encontro con dous goles máis co equipo moi desconxuntado. Roi puido maquillar o resultado ao final, pero golpeou mordido e non puido bater ó gardamallas local. Con esta derrota, o Ames sitúase noveno con tres puntos, a espera de ofrecer unha mellor imaxe na seguinte xornada. A seguir traballando rapaces!!
gracias adrián por esa magnífica crónica, ánimo chavales hai q seguir adiante que esto foi un accidente, a por eles!!
ResponderEliminarVaia empanadaza, o peor partido do que vai de pretemporada e temporada con bastante diferencia.
ResponderEliminarA Liga vistos os resultados ten pinta de que vai estar complicada, non ten pinta de haber equipo malo.