O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
martes, 12 de agosto de 2008
Primeiro amigable de pretemporada con derrota (2-1)
O Ames desputou este sábado o primeiro amigable da temporada no marco das festas da Peregrina en Bertamiráns. O encontro serviu para calibrar as novas fichaxes pero tamén para comprobar o potencial dun rival na liga coma o Bertamiráns B. A cousa foi ben no primeiro tempo, pero a superioridade do Ames non se reflectiu no marcador. O Ames tocou ben nos primeiros corenta e cinco minutos, pero o gol non chegou. Llello non puido batir ao meta rival tras driblar a tres contrarios na área, pois resbalou cando se dispoñía a marcar. Diego lanzou unha falta que o gardamallas do Bertamiráns despexou a córner con apuros. O filial dos de Budiño apenas inquietou na primeira metade. Na reanudación, o Ames adiantouse nunha contra ben finalizada por Llello, pero dez minutos de páxara déronlle alas aos da casa, que primeiro nun córner directo, e logo nun remate de cabeza dentro da área, levantaron o marcador. A partires de aí, o Ames dominou con boas combinacións entre Miki, Pose, Nito e Roi, pero non houbo sorte. Miki lanzou un tiro de fóra que o porteiro rexeitou ao longueiro. Outros puideron marcar en varias chegadas pero o sábado non houbo fortuna. Proba satisfactoria porque, pese ao resultado houbo bastantes minutos de bo fútbol. O domingo, amigable ás 7 en Rois. E hoxe, a entrenar todos!!!
A ver se me animo a ir entrenar :D
ResponderEliminarDiego, hai k poñer k pitufo fallou duas cantadas(k lle din eu, por certo)ou é k so fallei eu?!!!XD
ResponderEliminarLlello, o que pasa é que estamos acostumados a que ti falle pero Pitufo aínda acaba de chegar e non sabemos como anda de puntería jeje!! É broma meu, vemonos á noite!!
ResponderEliminar