O CSD Ames foi refundado no ano 2000 co obxectivo de darlle aos rapaces da parroquia unha nova forma de pasar o tempo libre. Co esforzo dos xogadores estamos competindo en afeccionados, onde xa compiten rapaces formados nas categorías inferiores. Aquí iremos dando conta de cómo nos vai.
lunes, 21 de abril de 2008
Nito será o pichichi segundo os votos da última enquisa
Co 27% dos votos emitidos, 6 de 22, Nito será o pichichi en liga do Ames segundo os nosos internautas, para o que tería que anotar 6 goles o domingo contra o Dubra B, ogallá que o faga. detrás del quedaron con 4 votos (18%) o resto das opcións: Miki, Llello, Diego, e o tándem magnífico Che e Casal. Agora xa podedes votar ao que consideredes que está sendo o mellor xogador do equipo durante toda a temporada. Ampliamos o prazo habitual dunha semana para poder votar, tendo nesta gran enquisa 20 días para escoller ao compañeiro que mellor o fixo no presente campionato. Para motivar máis ao persoal, o luns que ven haberá unha nova enquisa e manteremos a que hoxe estreamos para non aburrir a quen xa teña votado. Veña, a votar!!!!
por fin salgo nunha encuesta das que fai diego!!!!!! por certo esta e ben larga... mola,esta ben. por certo o pichichi de verdad seria diego... ¿non?!!!
ResponderEliminarweno weno wenoo...nesta enquisa vai haber algun q vai votar x el mismo unhas cantas veces...creo q xa ai un q votou 3!!! jejeje.ten razon frannavaro x fin saimos!! veña aupa ames
ResponderEliminarRógase aos xogadores Fran e Llello que fagan os comentarios na páxina principal en vez de nas fotografías, por varias cousas: 1) dese xeito ao entrar no blog xa se ve se hai comentarios novos, en vez de ter que clickar nas fotos cada vez..., 2) nas fotos o mellor é que se comenten as fotos, e non o resto, enquisas, resultados e demais, queda mellor na última entrada que haxa, que así queda máis bonito!! Gracias!!
ResponderEliminar